De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a notificación de incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.
Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197-Lugo.
Lugo, 9 de xullo de 1996.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
-Expediente: LU-164/1996.
Denunciado: Julio Rodríguez Rojo.
DNI nº: 34.242.780.
Último enderezo coñecido: Ronda do Carme, p-2-5ºb, Lugo.
Feito denunciado: introducir no mercado gandeiro de Rubián (Bóveda) un animal bovino sen identificar.
Precepto infrinxido: artigos 5 e 6 do RD 205/1996 e 7 do Decreto 355/1994.
Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.
Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.
Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.
-Expediente: LU-230/1996.
Denunciado: Antonio Conde Martínez.
DNI nº: 34.649.670.
Último enderezo coñecido: Regueiro Fozado, 22, Ourense.
Feito denunciado: atoparse no recinto feiral de Monterroso mercando gando sen te-lo carné de tratante.
Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do Regulamento da Lei de epizootias.
Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.
Sanción posible: de 1.000 a 50.000 pesetas.
Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.
9605640