Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., D.C. Meirama-Lesta-Ordes.
Situación: Cerceda-Ordes.
Características técnicas: liñas eléctricas aéro-subterráneas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón ou baixo tubo das seguintes características:
-Tramo en triple circuíto aéreo sobre apoios metálicos e con conductor LA-110, de 142 m de lonxitude, con orixe na subestación de Meirama e final no apoio nº 2 de onde partirá un circuíto denominado Meirama-Salgueira.
-Tramo en dobre circuíto aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 5.655 m de lonxitude, con orixe no apoios nº 46 da anterior liña e final no apoio nº 79.
-Tramo de simple circuíto aéreo sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 959 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 79 da liña anterior e final no C.T. Lesta.
-Tramo en simple circuíto subterráneo, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 171 m de lonxitude con orixe no apoio nº 79 da liña descrita Meirama-Lesta-Ordes e final na arqueta da liña subterránea existente que alimenta o C.T. Campo da Feira de Ordes, concellos de Cerceda e Ordes.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 21 de xuño de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
6345