Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/72-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado I, L.M.T. e CC.TT. Polig. Indust. A Tomada.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón na súa parte aérea e baixo tubo na subterránea, con conductores respectivos LA-56 e R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 1.221 m de lonxitude e 98 m de lonxitude respectivamente, con orixe na liña Palmeira-A Pobra (Expte. 52.282) e final nos centros de transformación a instalar no polígono industrial da Tomada.

4 centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón, de 630 kVA c/u a tensións de 20/0,380-0,220 kV, equipados con celas de protección de liñas e de protección do transformador. Concello da Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9605872