Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/37-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Electra del Narahío, S.A.

Enderezo social: Vista Alegre-Doso-Narón, 15577 Narón..

Denominación: L.M.T. e C.T. Prados II.

Situación: Prados-Narón.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 813 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Prados I (Expte. 51.473) e remate no C.T. que se vai construir en Prados II de 100 kVA, a 15/20 kV-B.2. Concello de Narón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 21 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9605343