Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/443, R.C.I. 14.836).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Anodizados de Sabón, S.A., co enderezo no polígono de Sabón, parcela 112. Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Sistema de coxeración composto de dous grupos motor-alternador de 1.056 kVA c/u, empregándose como combustible gasóleo e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, cun C.T. de 2.500 kVA e relación de transformación 400 V/15-20 kV.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa no polígono industrial de Sabón, parcela 112, Arteixo (A Coruña).

Orzamento: 101.640.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 19 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5438