Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 194/95-1).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 70 m de lonxitude, con orixe na liña denominada A Pasaxe-O Burgo (Expte. 29.952) e final no C.T. que se vai instalar denominado Acea da Ma-O Burgo.

Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Acea da Ma. Concello de Culleredo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5258