Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra de Santa Comba
Enderezo social: Avda. A. Tomé, 130, 15000 Santa Comba.
Denominación: L.M.T. a 15/20 kV e C.T. de 50 kVA en Albarín.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 997 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. de C.T. Esmorode ó C.T. Couto e final no C.T. Albarín que se vai construír de 50 kVA tipo aéreo. Concello de Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 14 de xuño de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5346