Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T. e C.T. en Grañadocrego.
Situación: Monfero.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 744 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Maldefilgueira e final no C.T. que se vai construír en Grañadocrego, de 50 kVA, concello de Monfero.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 11 de xuño de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
5481