Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/61-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: paso a subterránea da L.A.T. de 66 kV S. Caetano-Santiago II.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: paso a liña eléctrica subterránea da liña de alta tensión, a 66 kV, San Caetano-Santiago II (Expte. 59.129), instalándose o tramo baixo tubo e con conductor R.H.V. 33/66 kV de 3(1x630 CU+H25) mm, nun só circuíto, con conductor de fibra óptica de 24 fibras, de 362 m de lonxitude, con orixe na subestación de San Caetano e final no apoio nº 118 da actual liña existente. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9605341