Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/99-2-4.574 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000-Ourense.

Denominación: desvío Inst. eléctricas CN-640, tramo: Ventas de Narón.

Situación: Monterroso-Antas de Ulla.

Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para dar servicio eléctrico ós lugares que se atopan ó longo da CN-640. Tramo: Ventas de Narón-límite provincia de Pontevedra, nos concellos Monterroso e Antas de Ulla.

Orzamento: 6.441.414 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 10 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5208