Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/84-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto

de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: LL.MM.TT. Subt. Bértoa-Mirón-campo de fútbol-Lista e CC.TT.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 1.997 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150) mm Al, que parte do C.T. Bértoa (Expte. 5.968), pasa por C.T. Mirón (Expte. 27.174), C.T. ambulatorio de nova construcción e remate no C.T. Bergantiños (Expte. 50.346).

L.M.T. subterránea de 720 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150) mm Al, que parte do C.T. campo de fútbol (Expte. 27.391) e remata no C.T. lista (Expte. 6.356).

C.T. ambulatorio de 400 kVA, tipo interior.

Reforma dos CC.TT. Mirón, Bergantiños e campo de fútbol. Concello de Carballo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5209