Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/5-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Boaña.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 2.452 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. existente de Casas de Minas-Amarelle e final no C.T. que se vai construír en Boaña tipo aéreo de 100 kVA. Concello se Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro,

sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 7 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5190