Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/215-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto

de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e 2 CC.TT. en parque empresarial.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 768 m de lonxitude e en conductor R.H.V. de 3(1x150) mm Al, que parte do C.T. Madanela (Expte. 51.539) ata C.T. «A» e deste a C.T. «B» do parque empresarial de Melide.

2 C.T. de 160 kVA, tipo caseta, a 15/20 kV B-2. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 7 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5211