Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/95-2. Libro de rexistro: 4.570 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: reforma e ampliación potencia en C.T. Santo Adrao.

Situación: Lourenzá.

Descricións técnicas: centro de transformación de 400 kVA 20.000/380-220 V, reforma e ampliación de potencia en C.T. Santo Adrao, concello de Lourenzá.

Orzamento: 954.676.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 5 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5205