Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 05 de agosto de 1996 Páx. 7.442

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de xullo de 1996 pola que se nomean vocais titulares das mesas autonómica e provincial de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

O artigo 36 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia cos artigos 80.1º e 81.1º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma e doutra a nivel auto

nómico, que actuarán como órganos superiores de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estarán integradas, entre outros membros, por sete representantes das organizacións empresariais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da Renda de Integración Social publicadas no Diario Oficial de Galicia de data 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude foron comunicadas a esta consellería propostas da Confederación de Empresarios, acordando substituír dous dos seus actuais vocais titulares.

En consecuencia, en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Marina Graña Bermúdez vocal titular da Mesa Autonómica de Control e Seguimento da Renda de Integración Social de Galicia, en substitución de Jesús Seoane Pereiro.

Artigo 2º

Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Ourense, a Ana María García Revilla vocal titular da Mesa Provincial de Ourense de Control e Seguimento da Renda de Integración Social de Galicia, en substitución de Luis Parente Parente.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

9605629