Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitucións e modificación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación, constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Pena Lamela, S.A.T. nº 931 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Bamela-Bama-Touro (A Coruña), obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 900.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Liñares, S.A.T. nº 932 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Cabanas-A Baña (A Coruña), obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 900.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Xestas, S.A.T. nº 933 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Nebra-Campos de Prado, 69-Porto do Son (A Coruña), obxecto social: producción,

transformación e comercialización de productos agrícolas, gandeiros e forestais, realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrícola-forestal-gandeiro e prestación e todo tipo de servicios (históricos, estructurais e xurídicos) comúns que sirvan para as anteriores finalidades; capital social: 1.050.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Langueirón, S.A.T. nº 934 XUGA, de responsabilidade limitada, con domicilio en: Langueirón-Ponteceso (A Coruña), obxecto social: producción de leite; capital social: 5.496.816 pesetas; nº de socios: 3.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Finca Arosa, S.A.T. nº 895 XUGA, na asemblea xeral do 27-6-1996, acorda un aumento do capital social en 19.950.000 pesetas, e variando o valor dos resgardos, pasando no artigo 2º dos estatutos de 5.400.000 pesetas a un definitivo capital social de: 25.350.000 pesetas, representado por 3 resgardos nominativos de 8.450.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

5784