Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación de controis de calidade de varias obras.

Cumpridos os trámites regulamentarios nos correspondentes expedientes administrativos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, dos seguintes controis de calidade:

TraballoOrzamentoClasificaciónPrazo

Adquisición de 28 vivendas, garaxes e rochos en Bertamiráns, Ames. Exp.: C-95/501.2.327.543I-1 a

I-2 a

19 meses
Adquisición de 30 vivendas, garaxes e rochos no Milladoiro, Ames. Exp. C-95/502.1.802.790I-1a

I-2a

20 meses
Adquisición de 20 vivendas, garaxes e rochos en Lugo. Exp.: LU-95/5012.372.202I-1a

I-2a

19 meses

TraballoOrzamentoClasificaciónPrazo

Adquisición de 20 vivendas, garaxes e rochos no Milladoiro, Ames. Exp.: C-95/503.1.383.077I-1a

I-2a

19 meses
Adquisición de 18 vivendas, garaxes e rochos en Carballo, A Coruña. Exp.: C-95/505.1.390.968I-1a

I-2a

19 meses
Adquisición de 63 vivendas, garaxes e rochos en Mos, Pontevedra. Exp.: PO-95/501.5.174.386I-1a

I-2a

20 meses
Adquisición de 30 vivendas, garaxes e rochos en Salceda de Caselas. Pontevedra. Exp.: PO-95/502.1.498.99419 meses
Adquisición de 20 vivendas, garaxes e rochos en Garabolos, A Garaballa, Lugo. Exp.: LU-95/502.1.559.480I-1a

I-2a

19 meses
Adquisición de 39 vivendas, garaxes e rochos no Barco de Valdeorras, Ourense. Exp.: OUR-95/501.2.754.066I-1a

I-2a

19 meses

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas adminsitrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, desde as 9 as 14 hors, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación, reunirase en sesión pública ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir

en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.

Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados na cláusula 9ª do prego de cláusulas amdinistrativas particulares.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

5405