Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da liña eléctrica a 66 kV da subestación do Mesón do Vento á subestación de Carballo. (Expediente 52751).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e consecuentes do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 208/1996, do 24 de maio, (Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 1996), para imposición de servidume de paso sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións de:

-Liña eléctrica aérea a 66 kV desde a subestación do Mesóin do Vento ata a subestación de Carballo, nos termos municipais de Carral e Ordes, da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, faise saber a tódolos interesados propostos neste expe

diente, ós que lles practicará notificación para o efecto, nos días e horas que nelas se anunciarán, o representante e perito da Administración procederán á toma de datos sobre cada predio, e a continuación nas oficinas de cada concello, ó levantamento das actas previas á ocupación.

As relacións dos predios afectados para as que se segue este proceso expropiatorio, foron publicadas no BOP da Coruña, do 5 de marzo de 1996. As relacións actualizadas, excluídos os predios para os que se logrou o mutuo acordo, expóñense xunto co este edicto nos taboleiros dos municipios.

Advírtese ós interesados que nos días e horas que lles serán sinalados poderán facerse acompañar dos seus peritos e de un notario, pola súa custa, e formularen por escrito perante esta delegación ata aquel momento, as alegacións unicamente para os efectos de corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 18 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9605571