Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas, S.A., con domicilio en Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:
Liña de media tensión a 20 kV cunha lonxitude de 100 metros, con conductor LA-30, de 31,10 mm de sección, sobre torres metálicas. Centro de transformación de 25 kVA 20.000/380-220 V, sonre torre metálica o remate da liña de media tensión. Rede de baixa tensión, con conductor R.Z.-50-25, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico no barrio da Pena e Feira do Monte, no concello de Cospeito.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 11 de xuño de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5422