Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/100-2-4.575 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Denominación: C.T. e enlace R.B.T. en Fondas-Mañente.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm Al, sobre apoios de formigón ou torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio metálico. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, sobre apoios de formigón para mellora do servicio eéctrico en Fondas e Mañente, concello de Foz.

Orzamento: 2.893.039 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5423