Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/98-2-4.573 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Parga.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 82 metros, sobre torres metálicas. Dous centros de transformación de 400 e 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre torres metálicas, nos luga

res de Parga e Cancillón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Parga e Cancillón, concello de Guitiriz.

Orzamento: 36.627.224 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5421