Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/106-4.366 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. Subt. e C.T. edificio Isidro Rodríguez-Avda do Val-Lourenzá, e cumpridos os

trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 310 metros con conductaor D.H.V.- kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/398-230 V+-5% para dar sertvicio eléctrico ó edificio de Isidro Rodríguez en Avda. do Val, en Lourenzá.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 11 de xuño de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4938