Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/89-2-4.564 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. polideportivo municipal en Covas.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 387 metros e con cable D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/400-230 V ±2,5% ±5%, para subministración eléctrica ó polideportivo municipal en Covas, concello de Viveiro.

Orzamento: 3.891.835 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9605200