Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/88-2-4.563 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: reelectrificación parroquia de Bascuas.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30, cunha lonxitude de 1.280 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación tipo intemperie de 25 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-150-95-50-25, cunha lonxitude de 2.025 metros, para mellora do servicio eléctrico na parroquia de Bascuas, concello de Lugo.

Orzamento: 11.880.984 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 28 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9604831