Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/91-2-4.566 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en S. Estevo de Anllo.

Situación: Sober.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, cunha lonxitude de 774 metros, sobre apoios de formigón. Tres centros de transformación de 50 kVA 20.000/398-230 ±2,5%+5%, en S. Martín de Anllo, Campo de Hortas e S. Estevo de Anllo. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, cunha lonxitude de

2.117 metros, para mellora do servicio eléctrico en S. Estevo de Anllo, concello de Sober.

Orzamento: 13.079.368 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9605199