Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 30 de maio de 1996, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío dos resgardos dos depósitos varios en metálico, número 2.416/91, 815/92 e 2.099/92, para os efectos de despacho de duplicados.

Producido o extravío dos resgardos dos depósitos varios seguintes: nº 2.416/91, de data 5-9-1991, por importe de 130.000 ptas. para responder do expediente nº 441. Taxa nº 338. Estrada OU-622, P.k. 21,40. Marxe esquerda; nº 815/92, de data 15-5-1992, por importe de 100.000 ptas. para responder do expediente nº 119. Taxa 163. Estrada OR-402. P.k. 2,10. Marxe ámbalas dúas e nº 2.099/92 de data 9-9-1992, por importe de 300.000 ptas. para responder do expediente nº 467. Taxa 256. Estrada OR-210 constituídos na Caixa de Depósitos desta delegación en metálico, garantindo a Unión Fenosa e á disposición do Servicio P. de Estradas da delegación da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poidan encontrar, para que os presenten sen máis delonga nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38, entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, a contar desde a data de publicación do presente anuncio, non se presentaren, procederase sen máis trámite ó despacho dos duplicados ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nes mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, os cales non terán ningún valor nin poderán producir efecto diante da Administración nin diante de terceiros.

Ourense, 30 de maio de 1996.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

9605786