Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996 pola que se convoca concurso público, por procedemento aberto, para a contratación das obras de construcción dun edificio con destino á situación dun centro de exposición permanente de recursos da comarca do Salnés, no concello de Cambados.

1.-Obxecto: contratación das obras de construcción dun centro de exposición permanente de recursos da comarca do Salnés, no concello de Cambados.

2.-Orzamento de licitación: 118.771.451 pesetas.

3.-Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

4.-Fianza provisional: 2.375.429 pesetas.

5.-Fianza definitiva: 4.750.858 pesetas.

6.-Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7.-Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do dia 28 de xullo de 1996.

No exterior do sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación das obras de construcción dun centro de exposición permanente de recursos da comarca do Salnés, no concello de Cambados, que presenta D./Dna. ... en nome ... (propio ou da entidade que representa)».

8.-Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 3 de setembro de 1996.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación a sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

5789