Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.416

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1996 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade,

convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 19 de xuño de 1995 (BOE do 18 de xullo) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicaciación.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1996.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica das ciencias experimentais.

Praza nº: 1322/95.

Comisión titular:

Presidente: Esteban de Manuel Torres, catedrático de universidade. Universidade de Grandada.

Vocal secretaria: Rosalía Díaz González, catedrática de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Alberto Marcos Vallaure, catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Vocal 2º: José Lillo Bevia, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocal 3º: Fermín María González García, catedrático de escola universitaria. Universidade Pública de Navarra.

Comisión suplente:

Presidente: Francisco Novoa Docet, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Eugenio García-Rodeja Fernández, catedrático de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Ruiz Berraquero, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 2º: Vicente Sanjosé López, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Vocal 3º: Daniel Gil Pérez, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

5841