Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativas á anulación dalgunhas preguntas do segundo exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego

de Saúde de 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), de conformidade co apartado 13 da base sexta, se o tribunal, de oficio ou de acordo coas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente mediante acordo no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a anulación dalgunhas preguntas, do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta dirección, polo que.

RESOLVE:

Primeiro.-Anula-las preguntas do segundo exercicio da fase de oposición das seguintes categorías:

-Grupo de xestión da función administrativa: nº 42.

-Traballador social: nº 76.

-ATS/DUE: nº 34 e nº 72.

-TEL: nº 39.

-TEAP: nº 16.

Segundo.-Substituí-las devanditas preguntas polas correspondentes preguntas de reserva incluídas no respectivo cuestionario do segundo exercicio da fase de oposición.

Terceiro.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

5459