Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996 pola que se anuncia, polo trámite de urxencia, a licitación da poxa polo procedemento aberto das obras de clave E/SC/96.56, E/SC/96.55, E/SC/96.54, E/SC/96.57, E/SC/96.51, E/SC/96.80.

A) Obras.

1. Acondicionamento da estrada San Pedro de Nós a Mabegondo. Treito: Cecebre-Mabegondo.

Clave: E/SC/96.56.

Orzamento: trinta e cinco millóns novecentas noventa e sete mil seiscentas corenta e unha pesetas (35.997.641).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 719.953.

2. Acondicionamento da estrada AC-141. Ramal de N-651 á Capela. Treito: Cabanas-A Capela.

Clave: E/SC/96.55.

Orzamento: setenta e un millóns novecentas noventa e seis mil trescentas cincuenta e oito pesetas (71.996.358).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.439.927.

3. Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme. Camiño de Portomouro a Ames. Ramal de C-543 a Ames. Treito: Roxos-Portomouro.

Clave: E/SC/96.54.

Orzamento: cincuenta e nove millóns novecentas noventa e dúas mil cincocentas vintenove pesetas (59.992.529).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 1.199.851.

4. Pavimentación AC-183. Sada-Meirás.

Clave: E/SC/96.57.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas oitenta e tres pesetas (24.999.883).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Garantía provisional: 499.998.

5. Acondicionamento de accesos á C-546. Travesía de Rubián.

Clave: E/SC/96.51.

Orzamento: vintecinco millóns cincuenta e unha mil novecentas setenta e catro pesetas (25.051.974).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 501.039.

6. Acondicionamento da plataforma na PO-242 e PO-243. Treito: Pino-Ponte Bora.

Clave: E/SC/96.80.

Orzamento: noventa e sete millóns cento corenta e tres mil seiscentas trece pesetas (97.143.613).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 1.942.872.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado A) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9605787