Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 02 de agosto de 1996 Páx. 7.393

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 30 de xullo de 1996 pola que se reabre o prazo para solicitar axudas para dotacións e adquisición de equipos para a defensa contra incendios forestais durante o ano 1996.

O pasado día 14 de maio de 1996, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 94, a Orde do 26 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para dotacións e adquisición de equipos para a defensa contra incendios forestais durante o ano 1996.

Os cambios realizados nesta orde, respecto ós que se publicaron en anos anteriores fixeron que non puidesen formalizarse as solicitudes dentro de prazo establecido. Como queira que as condicións que motivaron a publicación da orde persisten na actua

lidade e, púidose comprobar que os sectores e axentes socioeconómicos implicados na defensa contra incendios forestais manteñen un interese engadido para colaborar de xeito inmediato e urxente na extinción de lumes forestais.

Por todo isto, e de acordo co establecido no artigo 30.1º.3. do Estatuto de autonomía para Galicia e no Real decreto 1.535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de conservación da natureza, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Reábrese o prazo de presentación de solicitudes para as axudas reguladas pola Orde de 26 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para dotacións e adquisición de equipos para a defensa contra incendios forestais durante o ano 1996, ata o día 10 de agosto do presente ano.

Artigo 2º

As accións previstas nesta orde financiaranse con cargo a aplicación orzamentaria 09.04.422-C-770.00, dotada na actualidade con trece millóns setecentas sesenta e nove mil setecentas trece pesetas (13.769.713 ptas.).

Artigo 3º

No caso de non recaer resolución expresa nun prazo máximo de tres meses desde a presentación de solicitudes, estas entenderanse desestimadas.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

4282