Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996 pola que se convocan unhas xornadas sobre os acordos Schengen, dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996, e conforme ás funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre os acordos Schengen, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos darlles a coñecer ós destinatarios os contidos destes acordos, e a súa influencia sobre os corpos policiais.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.

Prazas.

O número de prazas que se ofertaran será de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de setembro de 1996, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas, será esto requisito indispensable para ser admitido nas xornadas; o incumprimento deste requisito conlevará á non admisión nas mencionadas xornadas.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, 2-4, polígono de Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contidos.

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde, e nelas trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Situacións nas que se poden encontra-los extranxeiros en España.

b) Falsificación de documentos de viaxe, DNI, pasaporte.

c) Cooperación policial no espacio Schengen.

d) Vixilancia e persecución transfronteiriza.

e) A oficina Sirene en España, etc.

Duración e datas.

As xornadas desenvolveranse durante os días 24 e 25 de setembro de 1996, en xornadas de mañá e tarde.

O horario será o seguinte:

-Día 24: de 9.30 a 13.30 horas e de 16.15 a 20 horas.

-Día 25: de 10 a 14 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 18 de setembro de 1996 no taboleiro de anuncios da Aca

demia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

As xornadas celebraranse no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, no polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela).

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada ás mesmas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adapta-las ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

5505