Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.366

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Allibert Orense, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo provincial da empresa Allibert Orense, S.A. (código nº 3200442) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social en representación dos traballadores polo comité dela, en xuntanza celebrada o día 19 de abril de 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 2 de maio de 1996.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Allibert Orense, S.A. e o comité de empresa da factoría de San Cibrao das Viñas (Ourense), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, o ámbito territorial do convenio é o da empresa Allibert Orense, S.A., situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, e calquera outro centro que no futuro se instale na provincia de Ourense durante a vixencia deste convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, agás naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratantes.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1º de xaneiro de 1996.

Terá unha vixencia dun ano, e expirará o 31 de decembro de 1996.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, coas aumentos e melloras existentes ou que se poidan establecer no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º e) do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares e dous suplentes designados pola empresa e tres vocais titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa; todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, polo menos, dos membros que a compoñen e, para reunirse, será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas na acta.

En caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que coide procedente no prazo de oito días e notificarao a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación perante a xurisdicción competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó servicio dela, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral e a súa antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio en que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ó comité de empresa xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Este datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores en 1º de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, rexerá o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Ténicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns e especialistas: 2 semanas.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Allibert Orense, S.A., estará encadrado nas categorías profesionais que determnina a ordenanza de traballo para a industria química e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás características propias da empresa.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferentes valor que son retribuídos de xeito distinto, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se despois cesa na súa función, manteráselle, con carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para o dito posto, ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artigo 13º.-Ascensos.

Rexerá o disposto na ordenanza para a industria química, coas seguintes puntualizacións:

A) Promoción automática a categoría superior.

Para as categorías que se indican a seguir os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de 2ª: 1 ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de 2ª: 1 ano.

-Auxiliar administrativo a oficial 2ª administrativo: 1 ano.

-Auxiliar laboratorio a analista de 2ª: 1 ano.

-Dependente auxiliar a dependente: 1 ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal:

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal.

Para cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa,

baixo o cal poderán prepararse os traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, se os houbera, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teorícas e prácticas, serán feitas públicas cunha antelación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderanse presentar ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se van cubrir, dentro do subgrupo profesional respectivo.

No momento de realizar un concurso-oposición, constituirase unha comisión cualificadora como máis adiante se especifica.

C) Existindo vacantes por aumento do cadro de persoal:

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse, nun 100% por concurso-oposición.

Se como consecuencia do concurso-oposición quedasen prazas vacantes, estas serán cubertas por libre designación da empresa.

O concurso oposición rexerase polo punto B do presente artigo, sendo, no caso que nos ocupa, concurso libre e tendo preferencia para cubri-las ditas vacantes os de categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á comisión cualificadora.

D) Promoción de oficiais a categoría superior.

Os traballadores coa categoría de oficial ascenderán na súa escala, logo do exame práctico, á categoría inmediata superior, sempre e cando teñan acreditada unha antigüidade de 6 anos na categoría inmediata inferior.

Este ascenso producirase automaticamente sen necesidade de exame práctico, cando nos casos en que, cumpríndose a condición dunha antigüidade acreditada de 6 anos nunha determinada categoría profesional, o oficial reúna a xuízo da empresa, a experiencia e coñecementos necesarios para desempeñar unha categoría superior.

E) Exceptúanse do réxime de ascensos especificados nos apartados B e C, na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peón a especialista.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das aptitudes profesionais, exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres titulares e dous suplentes representantes da empresa e tres titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

No prazo máximo de 15 días publicarase o resultado do exame.

Ós declarados aptos recoñeceráselle-la nova categoría para tódolos efectos o día 1º do mes seguinte ó da súa publicación.

Artigo 14º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Os traballadores coa categoría de especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados, por petición propia, a outros postos que non presenten estas características e reemprazados por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior e leven máis de tres anos nun dos ditos postos.

B) traslados a outros centros de traballo.

Rexerá a normativa legal vixente.

TÍTULO III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Premio de asistencia.

O premio de asistencia permitirá a cada traballador gozar días de permiso retribuído en función da súa asistencia ó traballo, de conformidade coas normas que a seguir se articulan:

* Norma 1ª.

O premio de asistencia é aplicable a todo o persoal coas posibles excepcións seguintes:

-Xefes de primeira e asimilados.

-Xefes de taller e asimilados.

-Titulados de grao superior e asimilados.

* Norma 2ª.

Para a adquisión de puntos (días) aplicarase o seguinte sistema:

-Persoal mensual a quenda normal: 2 días.

-Persoal mensual a quendas: 3 días.

-Persoal mensual a 3ª quenda: 3 días.

-Persoal horario a quenda normal: 3 días.

-Persoal horario a quendas: 4 días.

-Persoal horario a 3ª quenda: 4 días.

* Norma 3ª.

A conta dos días obtidos cada ano cérrase a última semana de decembro, sendo comunicada ós interesados antes do 15 de marzo seguinte.

* Norma 4ª.

Para cada ano do calendario, o beneficio do premio de asistencia considérase adquirido para todo o persoal definido na norma 1ª, e que non tivese un total de ausencias no ano superior a 15 días laborables.

* Norma 5ª.

Para a perda de puntos (días) aplicarase o seguinte baremo:

-De 1 día a 5 días de ausencia: 1 día.

-De 6 días a 10 días de ausencia: 2 días.

-De 11 días a 15 días de ausencia: 3 días.

-Máis de 15 días de ausencia: todos.

* Norma 6ª.

Para os efectos do premio de asistencia non se considerarán como ausencias as vacacións, así como determinadas circunstancias definidas no anexo I.

* Norma 7ª.

Os días xerados nun ano (A) segundo as presentes normas poderán ser utilizados como días de permiso ou compensados economicamente, en todo ou en parte, durante o ano seguinte (A+1) e como máximo ata o 1º de maio do ano posterior (A+2). En todo caso, se en tal data quedasen días pendentes obrigatoriamente serán aboados.

A utilización dos días obtidos dá dereito a:

-500 puntos, a un día ordinario.

-500 puntos, a un día previo ou consecutivo a fin de semana, un festivo ou as vacacións oficiais.

Para a utilización dos días de permiso precisarase un aviso de 5 días laborables e poderanse tomar se as necesidades do servicio o permiten (absentismo inferior ó 10%).

Para efectos de compensación económica establécese que 500 puntos equivalen a un día.

* Norma 8ª.

Os beneficiarios previstos no premio de asistencia non poderán acumularse cos que puidesen resultar de novas normas legais e regulamentarias.

Así mesmo as vantaxes establecidas no presente premio de asistencia modifican e substitúen as concedidas polo anterior plan individual de vacacións.

* Norma 9ª.

Os días de premio de asistencia serán aboados como laborables.

ANEXO I

CIRCUNSTANCIAS QUE NON SE CONSIDERAN AUSENCIA PARA EFECTOS DO PREMIO DE ASISTENCIA NO CONXUNTO FINAL DO PERÍODO

Permiso por nacemento de fillo.

Permiso por matrimonio do traballador/a.

Permiso por matrimonio de fillos, irmáns, pais e netos.

Permiso por falecemento de pais, fillos e cónxuxe; avós, netos, irmáns e parentes por afinidade ata o 2º grao.

Baixa por accidente laboral.

Permiso por enfermidade grave do cónxuxe, fillos, pais; avós, netos, irmáns e parentes por afinidade (sogros e avós políticos).

Permiso (con desprazamento para consulta médica) por enfermidade de fillos ou cónxuxe.

Permiso por mudanza.

Permiso por premio de asistencia.

Citacións oficiais.

Designación como membro de mesa electoral.

Retención pola garda civil (incendios).

Paro técnico.

Permiso por exames oficiais.

Permiso para doazón de sangue.

Permiso por horas acumuladas (ou a recuperar).

Saídas inferiores a media xeira.

Saídas sindicais (dentro do límite regulamentario).

Folga legal.

Artigo 16º.-Xeira laboral e vacacións.

Establécese que a xeira será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cincuenta e dúas horas, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (incluso os retribuídos).

Para efectos de xeira máxima legal semanal, realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual.

Ámbolos contratantes acordan que a xeira pactada, os calendarios laborais e horarios vixentes son aplicación do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo.

Para o persoal de mantemento e moldes establécense calendarios especiais. O dito persoal deberá traballa-los días que lle correspondan nos ditos calendarios, con independencia do número de horas, rotación das quendas, vacacións e descansos legais, fixados con carácter xeral.

A empresa, por motivos de organización ou productividade, poderá establecer modalidades de calendarios diferentes ós existentes, pactando as condicións co comité de empresa, cun mes de antelación á súa aplicación.

Cando o persoal a quendas traballe unha xeira durante a cal non lle correponda traballar ó de quen

da normal, nos servicios e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables reténs de asistencia segundo as necesidades que os mesmos aprecien.

Ós afectados por estes reténs compensaránselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Artigo 17º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, adicionándose para o persoal horario a prima de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes coas xornadas laborables.

-Matrimonio: 15 días naturais.

-Nacemento de fillo: 3 días laborables que se poderán gozar dentro dos quince días seguintes ó parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

-Falecemento:

Pais, titores, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

De tíos: 1 día natural.

De cónxuxe dos irmáns políticos: 1 día natural.

Se existise necesidade de desprazamento nestes cinco últimos casos, corresponderá un día natural máis.

-Enfermidade grave:

De pais, titores, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento corresponderá un día máis.

De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

-Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

-Trasaldo de domicilio habitual: 1 día laborable.

-Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral química e R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo.

A empresa admitirá o excedente nun prazo máximo de 15 días a partir da data en que expire a excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se atope en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que el mesmo o solicite.

Se o traballador, transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rechazos que se producisen ás solicitudes de reingreso dos excedentes.

Artigo 19º.-Excedencias especiais.

Excepcionalmente a empresa concederá excedencias especiais por un período de tempo máximo de tres meses ós traballadores fixos de cadro, cunha antigüidade de 6 meses nela e por motivos de carácter excepcional, debidamente xustificados, tales como enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais.

Estas excedencias especiais concederanse sempre e cando o total das concedidas non supere o número de dúas para o grupo das categorías de peón, especialistas e especialistas cualificados e o número de unha para o grupo do resto de categorías.

Para ter dereito a unha nova excedencia, deberán transcorrer como mínimo dous anos completos desde a data de terminación da anterior.

TÍTULO IV

Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 20º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó porse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse os tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se atopen totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometaxe para os postos individuais, nin de doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

Artigo 21º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados, agás nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de pezas por transporte, recuperación de pezas defectuosas, etc.

Nestes supostos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente, sen acadar nunca a consideración de definitivos. Nos casos de discrepancia individual rexerá o disposto no artigo 5 e 6 da ordenanza de traballo para a industria química.

Artigo 22º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle o que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se traballa a prima individual, a compensación da aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o Kb obtido nos últimos días, sen exceder do Kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, que terá unha duración máxima de dúas quincenas, deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio se produciu despois dos seis primeiros días da quincena, ou dura menos de seis días impedindo ó operario chegar a un Kb razoable, pagaráselle toda a quincena o Kb proporcional que resultaría de seguir

en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo e, para que o dito Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este solicitudes de crédito de aprendizaxe diarias en función das horas doutros operarios productivos que haxa que empregar para completa-lo posto do novo operario.

Estas solicitudes seranlle aboadas así mesmo ó Kb medio que obteña o grupo, ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando o operario xa traballase no dito grupo e, ata un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima e, nas cadeas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións.

Artigo 23º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb -0,75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto do 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario e Orde do 22 de novembro de 1973, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º apartado e) do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, o que o mesmo viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º apartado e) do R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia disto se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 24º.-Comisión paritaria de tempos.

Para entender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control de rendementos persoais, existirá unha comi

sión paritaria de tempos composta por 4 membros representantes da dirección (dous titulares e dous suplentes) e 4 membros do comité de empresa (dous titulares e dous suplentes).

De entre, e polos compoñentes da Comisión, elixirase un presidente e un secretario, dos cales os cargos deberán recaer en membros de ámbalas representacións.

Tódolos membros titulares da dita comisión disporán de vinte horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións.

Reunións da comisión paritaria: haberá dous tipos de reunións, ordinarias e extraordinarias. As ordinarias terán lugar unha vez ó mes dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúas representacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de antelación, con indicación de lugar de reunión, día, hora e orde do día.

A comisión paritaria enviará informe de tódalas reunións que celebre ó comité de empresa e á dirección dela.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos polos diferentes talleres de fábrica en cada unha das quincenas do ano.

B) Condicións económicas.

Artigo 25º.-Salarios.

O 1º de xaneiro de 1996 os salarios de fábrica experimentarán un aumento do 3,5%, que se aplicará de forma proporcional para tódolos traballadores e sobre salarios e primas.

a) Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

O salario convenio, que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o seguinte:

Peóns ordinarios 422,61 ptas. brutas /h.

Especialistas 444,83 ptas. brutas/h.

Especialistas cualificados 455,77 ptas. brutas/h.

Esp. Cual. xefe equipo 475,25 ptas. brutas/h.

Oficiais de 3ª 522,20 ptas. brutas/h.

Oficiais de 2ª 548,57 ptas. brutas/h.

Oficiais de 1ª 574,13 ptas. brutas/h.

b) Retribución do persoal mensual e táboas de retribucións mínima.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas nun 3,5% sobre as existentes en 31-12-1995.

Coa entrada en vigor do presente convenio colectivo, Allibert Orense, S.A. actualizará a táboa existente de retribucións mínimas garantidas para o persoal mensual incrementadas nun 3,5%.

Artigo 26º.-Complemento de puntualidade e prima de asistencia.

Para tódalas categorías de persoal horario a súa aplicación manterase de acordo cos criterios actuais, sobre as horas ordinarias, pero aumentando o seu valor, para 1996 a 16,89 ptas. brutas/hora.

Para o persoal mensual, a prima de asistencia e puntualidade para 1996 será de 31.538 ptas. brutas/ano, sendo as súas normas de aplicación as mesmas que se utilizan para o persoal horario.

Artigo 27º.-Primas de producción directa.

As primas de producción directa devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 30º deste texto, seguindo o criterio:

O minuto producido terá un valor de 4,7595 ptas. ata 54 minutos hora (Kb 0,90) e de 5,1729 ptas. para os minutos hora que excedan de 54, ou o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

Ata Kb 0,90 prima - 285,5710 x Kb ptas./hora.

Desde Kb 0,91 prima - 310,3743 x Kb - 22, 3230 ptas./h.

Artigo 28º.-As primas de producción indirecta.

(Tarifa fixa - mantemento - afiado).

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en ptas./hora - 213,7851 x coeficiente + 81,9369 ptas./h.

Artigo 29º.-Primas de cualificación de postos de peóns e especialistas.

Devengaranse sobre os tempos establecidos no artigo 30º e a partir, como é habitual, do rendemento Kb-0,75, cos valores seguintes:

1 0,0748 ptas./minuto producido.

2 0,1302 ptas./minuto producido.

3 0,2614 ptas./minuto producido.

4 0,5026 ptas./minuto producido.

5 0,7080 ptas./minuto producido.

6 0,9851 ptas./minuto producido.

7 1,2251 ptas./minuto producido.

8 1,5008 ptas./minuto producido.

9 1,7775 ptas./minuto producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

Para regradores especialistas - 91,79 ptas. /hora

Artigo 30º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario.

Aplicaranse, como é habitual, sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Tempos de descanso ó valor mínimo garantido (Kb -0,60) no persoal afectado.

c) vacacións (30 días) ou a súa proporción.

d) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal (25 días) ou a súa proporción, nos tres últimos meses traballados.

Así mesmo, aplicaranse sobre as horas de licencias retribuídas conforme o artigo 17º.

Para os apartados c) e d), así como para as licencias retribuídas, aplicaranse os valores promedios das primas de producción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 31º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados establécese cos seguintes valores:

Peóns 184,66 ptas. brutas /h.

Especialistas 203,97 ptas. brutas/h.

Especialistas cualificados 203,97 ptas. brutas/h.

Esp. Cual. xefe equipo 212,69 ptas. brutas/h.

Oficiais de 3ª 227,51 ptas. brutas/h.

Oficiais de 2ª 236,15 ptas. brutas/h.

Oficiais de 1ª 243,15 ptas. brutas/h.

Artigo 32º.-Postos tóxicos, penosos e perigosos.

Será aumentada a contía das primas pasando todo o persoal afectado por este concepto a cobrar 16,95 ptas. brutas/hora.

Artigo 33º.-Complemento por traballo nocturno.

O complemento por traballo nocturno, nos casos aplicables, consistirá no trinta e dous por cento do salario base.

Artigo 34º.-Antigüidade.

O valor da antigüidade para 1996 será o seguinte, por cada trienio que corresponda:

-Persoal horario: 7,26 ptas. brutas/hora.

-Persoal mensual: 24,693 ptas. brutas/hora.

Artigo 35º.-Horas extraordinarias.

A fórmula para establece-lo valor base da hora sobre a cal se apliquen os recargos que correspondan continuará sendo a actual, partindo dos valores ano que comprendan as primas e incentivos ó valor de kB -0,75:

Devengo anual x 12

Valor base hora -

1.752 x 14

Ó valor resultante incrementaránselle os recargos porcentuais legais que correspondan.

A empresa deberá comunicar ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente e, cando menos, deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes; neste caso considerarase obrigatoria a prestación.

Se as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano. A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 36º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos, cada unha delas.

A empresa aboará as pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de I.L.T. no semestre anterior, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 37º.-Revisión salarial.

Procederase a unha revisión salarial a partir do mes no que o IPC supere o 3,5%. A dita revisión salarial farase efectiva unha vez que se constate fidedignamente o 31-12-1996, tal circunstancia, polo INE (Instituto Nacional de Estatística). Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación de salarios para 1997.

TÍTULO V

Previsión e política social

Artigo 38º.-Formación.

Allibert Orense, S.A. continuará a potencia-las súas accións de formación destinadas ó conxunto do persoal para o seu perfeccionamento profesional e a súa adaptación permanente ás novas tecnoloxías de producción e ós novos métodos de organización e xestión.

O plan establecido para 1996 prevé cubri-las seguintes áreas:

-Automatismos e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Recursos humanos.

-Técnicas específicas do taller.

-Idiomas.

-Formacións específicas e outras.

A asistencia ós diferentes cursos virá determinada pola necesidade de proporcionar ó persoal os coñecementos requiridos para un desenvolvemento efi

caz das súas funcións e unha correcta adaptación á evolución técnica e organizativa da empresa.

A empresa proporcionará trimestralmente á representación dos traballadores información sobre o grao de cumprimento do plan de formación.

Artigo 39º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá 1 000 000 ptas. durante 1996 destinadas a bolsas de estudio, coa seguinte distribución:

Ptas. para carreiras superiores.

Ptas. para carreiras medias.

A definir Ptas. para BUP e COU.

Ptas. para estudios EXB+FP 1º e 2º grao.

Ptas. outros estudios (a criterio da comisión).

No caso de quedar bolsas de estudio sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo da matrícula e a factura dos libros e materiais de ensino para os estudios indicados.

Para a selección de solicitudes crearase unha comisión paritaria composta por catro membros do comité de empresa e catro representantes da dirección, que actuará segundo as normas que a propia dirección estableza, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Artigo 40º.-Vivendas.

Allibert Orense, S.A. mantén o fondo de 8.000.000 de ptas. como dotación para préstamos destinados á adquisición, construcción e reparación de vivenda propia, que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar, dando preferencia ás vivendas en réxime de cooperativa ou de iniciativa oficial.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 600.000 ptas.

-Prazo de devolución: 5 anos.

-Xuro: 4,5%.

A dirección establecerá as diferentes contías dos préstamos en función da situación familair e as normas para a súa concesión.

Para a concesión dos préstamos crearase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da dirección, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Artigo 41º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que se desprazar a unha localidade distinta do seu centro de traballo.

Artigo 42º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual, entendendo por tal, se é o caso, o salario convenio, prima de producción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial do 1º de xaneiro de cada ano.

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Invalidez permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

A cobertura deste seguro alcanza á totalidade do cadro de persoal fixo e eventual da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de incapacidade laboral transitoria.

Acórdase así mesmo que a súa cobertura se estenda ata o máximo previsto no artigo 131 bis 2 da Lei da Seguridade Social, segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro, como situación legal de invalidez provisional. Para iso é imprenscindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de finalización do prazo de incapacidade laboral transitoria.

Artigo 43º.-Mutualidade de previsión social.

A achega da empresa á mutualidade Labauto-Allibert Orense de previsión social, durante a vixencia do presente convenio colectivo, será a resultante de multiplica-lo número de efectivos de Allibert Orense, S.A. pola achega por efectivo, correspondente ó outro socio protector, Labauto Ibérica, S.A.

Artigo 44º.-Economato.

Aboaranse a cada traballador fixo do cadro a suma de 28.347 ptas. brutas anuais, máis un complemento de 30.494 ptas. anuais, como compensación pola supresión do economato laboral. Estas cantidades actualizaranse cada ano no % de incremento que se acorde para o convenio colectivo.

Artigo 45º.-Prestación complementaria por incapacidade laboral transitoria.

Nas baixas por accidente laboral, ocorrido durante o tempo de presencia en fábrica, a empresa aboará desde o primeiro día de baixa e ata o vixésimo día de baixa, ambos inclusive, a diferencia entre as prestacións e demais remuneracións percibidas, e o 100% do seu salario real individual.

Ó mesmo tempo se a baixa o fose por accidente in itínere, enfermidade ou accidente non laboral, sempre e cando exista hospitalización do traballador, a empresa aboará desde o primeiro día de hospitalización e ata o vixésimo día de baixa, ambos

inclusive, a diferencia entre as prestacións e demais remuneracións percibidas, e o 100% do seu salario real individual.

Artigo 46º.-Financiamento de vehículos.

Establécese para 1996 un sistema de venda de vehículos fabricados por Citroën e comercializados pola súa rede, coas seguintes condicións xerais:

-Prezo do vehículo: tomando en consideración os descontos fixados para os traballadores de Allibert Orense, S.A., polo concesionario de Citroën de Ourense.

-Entrada: mínimo dez por cento do prezo ó traballador.

-Financiamento: a un máximo de seis anos (72 pagos de igual contía).

-Xuro: 8%.

-Forma de pagamento: mediante desconto en nómina (12 mensualidades anualmente).

-Formalización do financiamento: formalizarase en todo caso a través dos departamentos correspondentes da empresa e a entidade financeira.

Modalidades de financiamento:

A) Un único crédito, con amortización (principal máis xuros) entre un e seis anos, a elección do traballador, en períodos de anos completos, a razón de doce pagamentos/ano.

B) Igual que a modalidade anterior en canto ó prazo, pero establecéndose dous créditos.

1. Un, con amortización do seu principal máis xuros, en cada un dos pagamentos do prazo elixido.

2. Outro, equivalente ó valor residual do vehículo segundo baremo, con amortización única do seu principal xunto ó último pagamento do prazo elixido e aboamento en cada pagamento dos seus xuros.

Este sistema é aplicable así mesmo a vehículos de ocasión segundo modalidade de financiamento A), pero a un prazo máximo de 4 anos (48 pagamentos).

Artigo 47º.-Vehículos.

Allibert Orense, S.A. para 1996 manterá o fondo de tres millóns 3.000.000) como dotación para préstamos destinados á adquisición de vehículos novos ou usados de fabricación española e comercializados por Citroën ou Renault.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 4 anos.

-Xuro: 6%.

Para a concesión dos ditos préstamos terase en conta a situación familiar do solicitante, a súa antigüidade na empresa; dándose preferencia ós traballadores que carezan de vehículo sobre os que o teñan, así como a aqueles a quen a empresa non

recolla o seu vehículo usado sobre aqueles ós que lles sexa recollido.

Os beneficiarios destes préstamos non poderán acollerse ó sistema de financiamento previsto no artigo 46.

Durante 1996 crearase unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos, composta por dous membros representantes do comité e por outros tantos membros representantes da dirección. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 48º.-Seguridade e hixiene no traballo.

O comité de seguridade e hixiene no traballo será o encargado de velar polo cumprimento da ordenanza de seguridade e hixiene no traballo, da Lei de prevención de riscos laborais e de calquera lexislación nesta materia.

-Funcións:

O comité entenderá daqueles problemas referentes á seguridade e hixiene no traballo, como son:

Examina-la frecuencia dos accidentes e enfermidades profesionais para poder detecta-los postos en que se producen e as condicións que os crean, así como coñece-las investigacións realizadas polos técnicos da empresa ó respecto.

Investiga-las causas dos accidentes e das enfermidades profesionais producidas na empresa, co obxecto de evitar uns e outros, e nos casos graves e especiais practica-las informacións correspondentes.

Solicitar a través do Servicio de Seguridade, do persoal directivo, técnico e mandos intermedios da empresa, prohíban ou paralicen, se é o caso, os traballos en que se advirta perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais cando non sexa posible o emprego dos medios adecuados para evitalos.

O comité de seguridade e hixiene terá dereito a estar asistido dentro da fábrica polos técnicos do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene para o estudio de calquera problema.

Así mesmo, poderá solicitar información sobre procesos, materiais e condicións ambientais relacionados con aqueles postos específicos dos que se necesite realizar estudio.

O comité de seguridade e hixiene, ademais das reunións ordinarias, poderá realizar reunións extraordinarias nos seguintes casos:

-Por libre iniciativa do seu presidente.

-Por petición fundada de tres ou máis dos seus compoñentes.

En todo caso, as reunións extraordinarias deberán ser convocadas con 48 horas de antelación.

Disposicións finais

Pimeira.-Regulación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da Ordenanza de traballo para a industria química, do 24 de xullo de 1974, se aplicará a título de dereito dispositivo mentres as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se deben reuni-las partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.

Terceira.-Formulacións previas.

Como parte das estipulacións do presente convenio colectivo, ámbolos contratantes manifestan a súa intención de informar e discutir previamente en reunión conxunta todas aquelas cuestións de incidencia colectiva e que, se é o caso poidan ser susceptibles de formulacións administrativas ou xurisdiccionais.

Cuarta.-Valoración de postos de traballo.

Con relación ós especialistas cualificados, a empresa comprométese a facer un estudio no transcurso do ano 1996, co obxecto de establecer un sistema de polivalencias que implique a creación e clasificación de distintos grupos dentro da categoría de especialista cualificado, supondo a dita clasificación unha mellora económica. Este estudio presentarase ó comité de empresa no mes de setembro de 1996 e porase en funcionamento antes de finaliza-lo ano.

ANEXO I

DO CONVENIO COLECTIVO PARA 1996

A) Relación de pluses non recollidos en convenio:

-Complemento festivo:

Xeira laboral en festivo: 404,62 ptas./ h.

Xeira laboral en festivo extra: 361,01 ptas./h.

-Complemento por descanso en recuperación voluntaria: 576,10 ptas./h.

-Correquenda: 15,09 ptas./h.

-Complemento de voluntariedade de quenda fixa noite: 128,30 ptas./h.

B) Outros acordos:

B1. Para 1996 a empresa concederá un día de premio de asistencia a tódolos traballadores, que se perderá coa primeira falta ó traballo, aplicando para iso o disposto na norma 6ª do artigo 15 do presente convenio.

Ourense, 19 de abril de 1996

5502