Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.363

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Conserveros Reunidos, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Conserveros Reunidos, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-5-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa o 16-5-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios Administrativos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordea-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñela súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de maio de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Conserveros Reunidos, S.A. (Conresa)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores do cadro de persoal da empresa Conresa, de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña), así como ós que ingresen durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo terá unha duración de doce meses, entrando en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996, e durante a vixencia del non poderá ser afectado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó amparo de canto prevé o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Prórroga.

Ó cumprirse a data do seu vencemento, o convenio colectivo prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por claquera das partes cunha antelación dun mes á data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións persoais máis beneficiosas cás firmadas neste convenio, manténdose os ó dito o respecto en forma estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Retribucións.

Os salarios base establecidos neste convenio colectivo son os que se adxudican na táboa salarial anexa.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade ó servicio da empresa quedan constituídos por dous trienios do cinco por cento e quinquenios do 10 por cento calculados, en todo o caso, sobre o salario base de cada categoría profesional.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores da empresa percibirán dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se denomianrán de verán e Nadal. As ditas gratificacións percibiranse os días 15 de xullo e decembro, respectivamente, e a súa contía, será dunha mensualidade do salario base, incrementado coa antigüedade correspondente.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Tódolos traballadores da empresa percibirán, en concepto de paga de beneficios e dentro do primeiro trimestre do ano, a cantidade correspondente a 25 días do salario base incrementado coa antigüidade correspondente.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que se realicen serán aboadas cos recargos seguintes:

-85 por cento as horas extraordinarias realizadas en días laborables.

-160 por cento as horas extraordinarias que se realicen en domingo ou días festivos ou as prestadas despois das vintedúas horas.

Para calcula-lo valor das horas extraordinarias recorrerase á seguinte formula:

Salario hora individual:

(365+G) x (S+A)

Horas ano

Na dita formula:

* 365 son os días do ano.

* «G» é o número de días de retribución por cada paga extraordinaria, verán, Nadal e beneficios.

* «S» é o salario base diario.

* «A» é a antigüidade.

* Horas ano é o número total de horas a traballar durante o ano.

O salario base que resulta da aplicación da fórmula anterior servirá de base para detremina-lo importe das horas extraordinarias.

Artigo 10º

Polas especiais circunstancias que concorren nas actividades da empresa, que ten que transformar artigos perecedoiros, as partes recoñecen a ineludible necesidade de traballar un número de horas extraordinarias en relación co artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, e concordante todo iso co previsto no artigo 13, apartado a) e b) do acordo interconfederal (A.I.).

Estas horas extraordinarias traballadas terán a consideración de estructurais, de acordo co preceptuado no artigo séptimo do Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto.

En concordancia co anteriormente disposto, os representantes dos traballadores, cumprirán o disposto no artigo 4 da Orde do 1 de marzo de 1983.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

Queda fixada en 40 horas semanais, tanto en xornada partida como en continua; polo tanto, para ámbolos casos queda establecida na mesma duración semanal.

Para os traballadores que realicen as súas actividades en sistema de xornada continua establécese un descanso de quince minutos de duración de maneira que non se suspenda o proceso de producción neste tempo.

En cumprimento do determinado no apartado cuarto do artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, queda fixado un calendario laboral de 225 días efectivos de traballo, suma á que se chega por exclusión de domingos, sábados, festivos e período vacacional de todo o persoal.

Artigo 12º.-Plus de nocturnidade.

Para o persoal en xornada nocturna establécese un plus consistnte no 25% do salario base, incrementado, segundo os casos, coa antigüidade correspondente.

Artigo 13º.-Percepcións en caso de ILT.

Os traballadores qu padezan enfermidade percibirán desde o primeiro día e durante un prazo máximo dun ano o complemento necesario para que, sumando ás prestacións da Seguridade Social, alcance o cento por cento do seu salario. Esta percepción procederá unicamente nos supostos de incapacidade laboral transitoria, que requiran en todo caso hospitalización. Nos procesos de tratamento observarase o disposto no Real decreto 53/1980, do 18 de xaneiro. Nos casos de accidente de traballo a empresa completará ata o cento por cento as indemnizacións que correspondan mentres dure esta situación de ILT, que requira hospitalización ou non.

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a empresa poderá verificar en todo momento o estado de enfermidade ou accidente do traballador, mediante o personal facultativo que para estes efectos designe a empresa.

Toda negativa ó dito recoñecemento determinará a suspensión dos dereitos económicos que puideran existir con cargo ó empresario polas ditas situacións.

Artigo 14º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dun período de 30 días naturais, retribuídos en salario real. A dirección da empresa elaborará de mutuo acordo cos traballadores un calendario de vacacións antes do día 30 de marzo, que se exporá no taboleiro de anuncios da empresa, para coñecemento dos traballadores.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencias retribuídas nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador, 16 días naturais.

b) Parto da esposa, tres días. No suposto de que este teña lugar fóra do domiclio ou residencia habitual do interesado, aumentarase un día máis.

c) Falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos e demais familia ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade, tres días. Se precisase, por tales causas, facer un desprazamento, o total do permiso alcanzará cinco días naturais.

d) Nos demais casos ou supostos aplicarase o que prevé o artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Traballo da muller.

A muller terá iguais dereitos e obrigas que o home. Se a realización de traballos tóxicos, penosos ou perigosos afectase a situación de embarazo ou a maternidade, estes deberán ser excluídos para a muller.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralle a cada traballador dous buzos o ano, calculándose a súa duración para tal período, entregando estas dúas pezas no mes de xaneiro; con esta medida permitirase que tales pezas poidan ser sometidas ó lavado semanal obrigatorio. Ó finaliza-o ano, os traballadores terán que facerlle entrega á emrpesa da roupa recibida no seu día, sexa cal foro o seu estado de conservación, por canto é propiedade da patronal.

Artigo 18º.-Póliza de seguro.

A empresa subscribirá un seguro colectivo de vida e invalidez, en favor dos seus traballadores, cunah cobertura de 1.500.000 ptas. no caso de morte e de 2.500.000 ptas. para os casos de invalidez.

Artigo 19º.-Persoal fixo.

Os traballadores que nun prazo de dez anos permanecesen na empresa máis de cinco anos como persoal contratado, pasarán a fixos no cadro de persoal.

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaira será o órgano de interpretación, vixilancia, arbitraxe e conciliación do convenio. Estará constituída por un representante da empresa e un dos traballadores.

Artigo adicional.

En cumprimento do previsto no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aproba o Estatuto dos traballadores:

a) O número de horas de traballo durante a vixencia do covneio será de 1.800 de traballo efectivo.

b) A remuneiración anual dos traballadores en función do dito número de horas, é a seguinte:

Categoría profesionalTotal pesetas

Xerente3.060.764

Axudante titulado2.700.424

Xefe administrativo2.700.424

Xefe producción2.700.424

Contable2.046.644

Administrativo1.796.328

Encargado1.823.823

Auxiliar administrativo1.768.685

Aspirante administrativo1.118.449

Mecánico1.743.964

Oficial1.719.108

Chofer1.719.108

Axudante1.700.437

Peón1.660.619

ANEXO

Tabla de salarios

CategoríaSalario mes

Xerente206.390

Axudante titulado182.092

Xefe administrativo182.092

Xefe producción182.092

Contable138.007

Administrativo121.128

Encargado122.982

Auxiliar administrativo119.264

Aspirante administrativo75.418

Mecánico117.597

Oficial115.921

Chofer115.921

Axudante114.662

Peón111.977

Disposición adicional segunda.

Os salarios establecidos na táboa salarial serán revisados se o IPC de decembro de 1996 supera con respecto ó 31 de decembro de 1995 oi 3,50 por cento.

O dito incremento aplicarase con carácter retroactivo do 1 de xaneiro de 1996.

Composición da comisión paritaria.

En representación da empresa:

-José Lino Rivas Pena.

Pola representación dos traballadores:

-José Ramón Pérez Amor.

Santa Uxia de Ribeira, 16 de maio de 1996. Siguen as sinaturas. (Ilexibles).

3601