Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 01 de agosto de 1996 Páx. 7.344

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 286/1996, do 4 de xullo, polo que se crea a figura do centro regulador de crustáceos como novo tipo de establecemento auxiliar de acuicultura.

Advertidos erros no texto do citado decreto, remitido para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e inserido nº 140, do 17 de xullo de 1996, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 6.936, primeira columna, no derradeiro parágrafo da exposición de motivos, onde di: «Por todo isto, por proposta do conselleiro de Pesca,...», debe dicir: «Por todo isto, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia, por proposta do conselleiro de Pesca, ...».

-Na mesma páxina, artigo 1º, derradeira liña da primeira columna, onde di: «... de hostelería, alimentación, peixerías ou análogos,...», debe dicir: «... de hostelería, alimentación, peixerías, ...».

-Na mesma páxina, segunda columna, primeiro parágrafo do artigo 2º, debe dicir: «Os centros reguladores de crustáceos requirirán preceptivamente o correspondente permiso de actividade outorgado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. As instalacións deberán reunir, en todo caso, as seguientes características:»

Así mesmo o apartado 3 do devandito artigo 2º, debe quedar redactado como segue:

«3) As condicións dos locais e a dotación de material serán as seguientes:

a) Os lugares de traballo que se utilizarán exclusivamente para a manipulación de crustáceos, serán de dimensións suficientes para que as actividades laborais poidan realizarse en condicións de hixiene axeitadas.

b) As paredes e o solo das piscinas serán de material impermeable, fácil de limpar e desinfectar, este último estará disposto de maneira que facilite a drenaxe de auga e contará cun dispositivo que permita baleira-la totalidade da auga da piscina.

c) As paredes do establecemento terán superficies fáciles de limpar, resistentes e impermeables.

d) As portas serán dun material que non se deteriore, fácil de limpar.

e) Existirá boa iluminación e un sistema axeitado de ventilación.

f) Nos locais de traballo haberá instalacións para lavar e desinfecta-las mans, dotadas de billas que non poderán ser accionados coas mans, xabrón líquido e toallas dun só uso.

g) Contará cos medios apropiados de protección contra insectos, roedores e aves.

h) Os aparellos e útiles de traballo estarán fabricados con materiais resistentes á corrosión e fáciles de limpar e desinfectar.

i) Os desperdicios almacenaranse nun lugar á parte, en contedores especiais estancos, que se baleirarán como mínimo ó final de cada xornada.

j) Contará cun dispositivo de evacuación de augas residuais que reúna condicións hixiénicas adecuadas.

k) Disporá de servicios hixiénicos, vestiarios, almacéns ou estancias auxiliares. As ditas dependencias poderán ser comúns ó centro regulador e ó establecemento matriz.»

O apartado 4 do artigo 2º queda suprimido, polo que o que figura como apartado 5, na columna dereita xusto antes da disposición derradeira, pasará a denominarse apartado 4.

9605796