Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores (P-342/1995, P-359/1995, P-11/1996 e P-60/1996) (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de xuño de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-342/1995Juan Carlos Agrasar Castrelo

Carreiras

Pontecesures

Pescar con rede, ás 18 horas do día 7 de agosto de 1995 no río Ulla.Artigo 35.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Artigo 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.500.000 ptas. e inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano e 1 día.
P-359/1995José A. Silva Sexto

Constitución, 5 AZ1

El Prat de Llobregat

Barcelona

Pescar sen licencia, o día 25 de agosto de 1995 no encoro de Portodemouros.Artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.500.001 ptas. e inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano.

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-11/1996Severto Gregorio Álvarez

San Benito, 26

Arbo

Pescar en época de veda o día 13 de xaneiro de 1996 no río Deva.Artigo 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.500.001 ptas. e inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano.
P-60/1996Manuel Pérez Cancela

Campaño Cachapal, 4

Campaño-Pontevedra

Pescar con cana en zona vedada ata o día 12 de maio no couto de Bora o día 19 de marzo de 1996 no río Lerez.Artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.15.000 ptas.

5620