Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/114-1).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Euro Vento, S.L. Unipersoal, co enderezo na r/ Galeras, 17, andar 3, oficina 3, de Santiago de Compostela, para a autorización administrativa do Parque Eólico de Paxareiras I, con base nos seguintes datos:

Concellos afectados: Mazaricos, Muros e Carnota.

Superficie afectada e coordenadas: 2,5 km e V (49.47.00 W, 4.74.60.00 N), V (49.65.00 W, 4.74.35.00 N) e V (49.72.00 W, 4.74.55.00 N).

Potencia que se vai instalar: 20,4 mW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar solicitudes en competencia, axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 1996.

José Manuel Núñez Centella

Secretario en funcións

5520