Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación Berducido número 2661.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que con data 3 de xuño de 1996, se outorgou o permiso de investigación Berducido número 2661, de 9 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e outros, que se sitúa nos termos municipais de Barro e Pontevedra, desta provincia.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 4 de xullo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5608