Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/59-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Desarrollos Eólicos, S.A.

Enderezo social: Avda. de la Buhaira, 2-2º, Sevilla.

Denominación: L.A.T. de 66 kV da planta eólica de Zas con Subest. Vimianzo.

Situación: Zas-Vimianzo.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-180, nun só circuíto, de 17.666 m de lonxitude, con orixe na planta eólica de Zas, de Desarrollos Eólicos, S.A. e final na subestación eléctrica de Vimianzo de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. discorrendo polos concellos de Santa Comba, Zas e Vimianzo cunhas lonxitudes de 1.315 m, 6.925 m e 9.426 m respectivamente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5433