Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.327

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade italiano e profesores de música e artes escénicas.

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de escolas oficiais de idiomas, especialidade italiano e profesores de

música e artes escénicas, entre outras, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-los tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade italiano e profesores de música e artes escénicas, especialidade de piano, nos anexos I e II desta resolución.

Os presidentes tomarán as medidas necesarias para a constitución dos tribunais no prazo indicado.

Segundo.-As localidades de actuación dos citados tribunais farase pública na resolución desta dirección xeral na que cada tribunal anunciará a hora e o lugar do acto de presentación, a celebración das probas de coñecemento de lingua galega e a primeira parte da proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibi--las axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. O medio de locomoción empregable será calquera dos previstos no Decreto 299/1990, do 24 de maio, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

-Disciplina: italiano.

Presidenta: Carla Moro Valeni.

Vocais: Paloma Alonso Alberti.

Mª Teresa Pernas Sabio.

Juan Miguel Patiño Alonso.

María José Sánchez Núñez

ANEXO II

-Disciplinas: trompa, trompeta, trombón, tuba.

Presidente: Andrés Vales González.

Vocais: Juan Carlos Igea Gimeno.

Alfonso Molla Castells.

Fernando Raña Barreiro.

Vicente Llopis Gimeno.

-Disciplinas: violín, violoncello.

Presidenta: Pilar de los Desamparados Juan Cano.

Vocais: Clara Groba Otero.

Fernando Arenas Villarroel.

Claudio Forcada Delgado.

Ángel Rodríguez Lozano.

-Disciplina: música de cámara.

Presidente: José Manuel Rodríguez Cruzado.

Vocais: José Álvaro Mendía Castejón.

Felipe Rodríguez Fuentes.

Vicente Ariño Pellicer.

José Alfonso Vázquez García-Serrano.

5742