Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.328

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas nas que se anuncian as datas, horas e lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, horas e os lugares en que se celebrarán as probas de coñecementos de lingua galega e o primeiro exercicio.

De acordo coa base común 6.3 da Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, entre outros, estes tribunais, de conformidade coas instruccións da Dirección Xeral de Persoal, acordan o seguinte:

Primeiro.-Acto de presentación dos aspirantes, realización da proba de coñecementos de lingua galega e realización do primeiro exercicio ou, se é o caso, da primeira parte da proba:

* Especialidade: italiano (corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas).

-Acto de presentación:

Data: 13 de setembro de 1996.

Hora: 10.

Centro: E.O.I. da Coruña. R/ Pepín Rivero s/n, A Coruña.

-Proba de coñecementos de lingua galega:

Data: 13 de setembro de 1996.

Hora: 12.

Centro: E.O.I. da Coruña. R/ Pepín Rivero s/n, A Coruña.

-Primeiro exercicio ou primeira parte da proba:

Data: 16 de setembro de 1996.

Hora: 10.

Centro: E.O.I. da Coruña. R/ Pepín Rivero s/n, A Coruña.

* Especialidades: trompa, trompeta, trombón, tuba, violín, violoncello, música de cámara (corpo de profesores de música e artes escénicas).

-Acto de presentación:

Data: 13 de setembro de 1996.

Hora: 10.

Centro: Conservatorio de música superior estatal da Coruña. Praza do Conservatorio s/n, A Coruña.

-Proba de coñecementos de lingua galega:

Data: 13 de setembro de 1996.

Hora: 12.

Centro: Conservatorio de música superior estatal da Coruña. Praza do Conservatorio s/n, A Coruña.

-Primeiro exercicio ou primeira parte da proba:

Data: 16 de setembro de 1996.

Hora: 10.

Centro: Conservatorio de música superior estatal da Coruña. Praza do Conservatorio s/n, A Coruña.

Recórdase que, de conformidade co apartado 6.4 da Orde do 8 de marzo de 1996, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.

Segundo.-De conformidade coa resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril) a orde de actuación dos aspirantes virá determinada pola orde alfabética do primeiro apelido que comece pola letra «Z».

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

5634