Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1996 pola que se convoca un curso sobre protección de personalidades e escoltas, dirixido ós membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, pertencentes á escala básica e á escala de subinspección.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996, e conforme ás funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre protección de personalidades e escoltas, que deberá desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos:

a) Coñecer e perfecciona-las técnicas aplicables na protección de personalidades.

b) Coñecer qué unidades operativas interveñen nos dispositivos de protección a personalidades.

c) Coñece-los medios técnicos utilizables na protección de personalidades.

d) Coñece-los métodos de actuación de organizacións terroristas.

e) Conseguir coñecementos sobre os explosivos utilizados por organizacións terroristas e as medidas que cómpre adoptar.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, pertencentes á escala básica e á escala de subinspección.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán será de 32.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI, e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias ramatará o día 26 de setembro, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas, será esto requisito

indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito conlevará á non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, 2-4 Polígono de Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de mañá e tarde, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas: a) Aspectos xerais da protección de personalidades. b) Protección de personalidades: dinámica e estática. c) Grupos de apoio. d) Caravanas. e) Plans de seguridade: dispositivos. f) Transmisións, etc.

Datas.

O curso celebraráse do 7 ó 18 de outubro de 1996.

O horario será de 10 h a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 2 de outubro, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

No salón de actos da Dirección Xeral de Seguridade, sito na rúa de Roma, s/n no Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia, a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada ó mesmo, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, conlevará a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

9605797