Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 11 de xullo de 1996 pola que se fixan as contías máximas que lle achegará o Igape ás SGR, radicadas en Galicia, en virtude do establecido na Orde do 27 de xuño de 1995 da Consellería de Economía e Facenda.

Dentro dos fins do Igape atópanse os de:

-Fomenta-la prestación de servicios a empresas, especialmente ás pequenas e medianas, promovendo sociedades de servicios.

-Promover e establecer acordos de todo tipo con empresas, organismos, institucións, asociacións e expertos que poidan contribuír ó logro dos seus fíns e funcións.

Nesta liña, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de xuño de 1995 establece as

achegas e axudas que o instituto destinará a apoia-las sociedades de garantía recíproca radicadas en Galicia, contempladas, así mesmo, no documento de solicitude da subvención global comunitaria aprobado pola Unión Europea.

Tanto a orde mencionada, como o convenio asinado no ano 1993 coas sociedades de garantía recíproca radicadas en Galicia, que establece a propia norma, precisan que as cantidades máximas anuais destinadas ás axudas a estas sociedades, se establecerán anualmente mediante orde da Consellería de Economía e Facenda.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-O Igape destinará, dentro dos orzamentos que ten asignados para 1996, unha achega, a tanto alzado, que se fixa para este ano en 15 millóns de pesetas, como máximo, a cada SGR radicada en Galicia, cun límite máximo de 30 millóns de pesetas, destinado a incrementa-los seus fondos de provisións técnicas.

Artigo 2º.-O máximo de achega das operacións indicadas no artigo 3 punto A da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de xuño de 1995 fíxase en 450 millóns non podendo superarse o límite de 225 millóns por sociedade, salvo que mediante autorización expresa do presidente do Igape así se estableza e sempre que conxuntamente non se supere o límite máximo indicado para o conxunto de sociedades.

Artigo 3º.-Para que poidan ser operativas as operacións mencionadas no artigo anterior, será preciso que se ratifiquen os convenios asinados no ano 1995, uníndolles unha addenda que conteña as limitacións definidas nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5588