Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 31 de xullo de 1996 Páx. 7.297

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1639/1996, do 5 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións.

A Constitución española recoñece no artigo 22 o dereito de asociación e reserva ó Estado, no artigo 149.1.1ª a regulación das condicións básicas que garantan a igualdade de tódolos españois no exer

cicio dos dereitos e no cumprimento dos deberes constitucionais.

Así mesmo, e de acordo co previsto no artigo 4 da Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, a Comunidade Autónoma de Galicia ten transferida a competencia de execución da lexislación do Estado en materia de asociacións.

El Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, determina as normas e o procedemento a que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 25 de xuño de 1996, o oportuno acordo, cunha virtualidade práctica que esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa sesión do día 5 de xullo de 1996,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se concretan as funcións e servicios da Administración do Estado que deben ser obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións, adoptado polo pleno da dita comisión, na súa sesión do 25 de xuño de 1996, e que se trasncribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios, así como os créditos orzamentarios que se relaciona no referido acordo da comisión mixta, nos termos alí especificados.

Artigo 3º

Estes traspasos serán efectivos a partir da data sinalada no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio do Interior produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen de acordo coa relación número 3 do anexo serán dados de baixa nos conceptos de orixe e trasferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos

habilidados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado destinados a financia-lo custo dos servicios traspasados á Comunidade Autónoma, unha vez que se remitan ó departamento citado, por parte da oficina orzamentaria do Ministerio do Interior, os certificados de retención de crédito, co fin de dar cumprimento ó disposto na normativa vixente sobre orzamentos xerais do Estado para 1996.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, e adquirirá vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid, 5 de xullo de 1996.

Xoán Carlos R.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia.

Certifican

Que na sesión plenaria da comisión mixta, celebrada o 25 de xuño de 1996, se adoptou un acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Administración do Estado en materia de asociacións, nos termos que a continuación se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara o traspaso.

A Constitución española no artigo 22 recoñece o dereito de asociación e no artigo 149.1.1ª reserva ó Estado a regulación das condicións básicas que garantan a igualdade de tódolos españois o exercicio dos dereitos e no cumprimento dos deberes constitucionais.

Así mesmo, e de conformidade co previsto no artigo 4 da Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, a Comunidade Autónoma de Galicia ten transferida a competencia de execución da lexislación do estado en materia de asociacións.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións a que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Sobre a base destas previsións normativas, procede realiza-lo traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións.

B) Funcións da Administración do Estado que asume a Comunidade Autónoma de Galicia.

Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do seu ámbito territorial, as seguintes funcións que viña desempeñando a Administración do Estado en materia de asociacións:

1. O rexistro de tódalas asociacións que desenvolvan principalmente as súas actividades e teñan establecido o seu domicilio dentro do territorio da Comunidade Autónoma, así como das súas modificacións estatutarias.

2. O exercicio da función de publicidade rexistral respecto ás ditas asociacións.

C) Funcións que se reserva a Administración do Estado.

1. O Rexistro Nacional de Asociacións existente no Ministerio do Interior rexistrará tódalas asociacións de ámbito nacional ou que excedan do previsto no apartado B) deste acordo.

2. O Rexistro Nacional de Asociacións exercerá a función de publicidade rexistral en relación coas asociacións inscritas nel.

3. A declaración de utilidade pública de tódalas asociacións corresponde ó Goberno da Nación no ámbito das súas competencias. En canto ó procedemento, haberá que aterse ó establecido no apartado D), 6 seguinte.

D) Funcións en cooperación.

Para o funcionamento adecuado dos rexistros nacionais de asociacións e dos rexistros autonómicos establécense os seguintes principios:

1. No caso daquelas asociacións cunha inscrición que corresponda ó Rexistro Nacional radicado no Ministerio do Interior e que presenten as súas solicitudes de inscrición nas dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, esta remitirálle-la documentación relativa a elas e advertiralle ó interesado do curso dado a súa petición.

2. No que se refire ás asociacións cun rexistro que corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, que presenten as súas solicitudes de inscrición perante os órganos dependentes do Ministerio do Interior, este procederá na mesma forma que se establece no apartado anterior.

3. O Rexistro Nacional de Asociacións, por petición da Comunidade Autónoma de Galicia, informará a esta se, coa denominación con que se pretende inscribir unha asociación nos rexistros da Comunidade Autónoma, existe outra xa rexistrada co ámbito superior, que comprenda o territorio desta.

4. A Comunidade Autónoma de Galicia comunicará ó Ministerio do Interior a inscrición e as alteracións que se produzan respecto das asociacións

rexistradas por aquela, mediante a remisión de copia autorizada da correspondente folla rexistral e das súas modificacións. A Administración do Estado facilitará así mesmo á Comunidade Autónoma copia autorizada da documentación de que dispoña, por requirimento daquela para o exercicio das funcións rexistrais.

5. A Administración do Estado comunicará á Comunidade Autónoma de Galicia, o establecemento ou a apertura de locais dentro do seu territorio por asociacións inscritas no Rexistro Nacional de acordo co apartado C).1.

6. As peticións de declaración e utilidade pública das asociacións de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia dirixiranse ás dependencias desta, que remitirá o expediente, co seu informe-proposta, ó Ministerio do Interior para a súa ulterior tramitación, e, se é o caso, elevación á decisión do Consello de Ministros. O Ministerio do Interior comunicará a resolución que se adopte á Comunidade Autónoma.

E) Bens, dereitos e obrigas do Estado que se traspasan.

Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os bens, dereitos e obrigas que se detallan na relación número 1.

No prazo máximo dun mes desde a efectividade deste traspaso, asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipo e material inventariables.

F) Persoal adscrito ós servicios que se traspasan.

1. O persoal que se traspasa adscrito ós servicios, cunha xestión que exercerá a Comunidade Autónoma de Galicia, aparece referenciado nominalmente na relación adxunta número 2. O dito persoal pasará a depender da Comunidade Autónoma nos termos previstos na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican nas relacións citadas e constan, en todo caso, nos seus expedientes de persoal.

2. A Subsecretaría do Ministerio do Interior notificaralles ós interesados o traspaso e a nova situación administrativa, tan pronto como o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto. Así mesmo, remitiráselles ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os expedientes deste persoal, así como dos certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas por eles.

G) Valoración definitiva das cargas financeiras dos servicios traspasados.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1990, corresponde ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 13.636.801 ptas.

2. O financiamento, en pesetas de 1996, que corresponde ó custo efectivo anual é o que se recolle na relación número 3.

3. O costo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 3, financiarase da seguinte forma:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o custo total financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo, polos importes que se determinan, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio, a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos, serán obxecto de regularización ó peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes perante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

H) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aprobe este acordo.

I) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso de funcións e servicios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de outubro de 1996.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid, 25 de xuño de 1996.

Rosa Rodríguez Pascual

Alfonso Vaquero Marín

Secretarios da comisión mixta

RELACIÓN NÚMERO 1

InmoblesObservacións

Recoñecese como débeda, 122,69 metros cadrados a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, afectos ás competencias en materia de asociacións e espectáculos públicos, que no seu momento, serán postos a disposición deste, pola Administración do Estado, na medida que as dispoñibilidades de inmobles propiedade do Estado o permitan.

RELACIÓN NÚMERO 2

Traspasos en materia de asociaciacións e espectáculos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

Apelidos e nomeNúmero de

Rexistro de persoal

Corpo

ou escala

Posto de traballoSituación

administra-

tiva

LocalidadeRetribucións anuais (1996)

BásicasComplementariasTotal

Iglesias Lugris, Mª Teresa3230753957A1146AuxiliarXefe equipo N. 12ActivoA Coruña1.264.914497.3281.762.242

Muñiz de las Cuevas, José Ramón3452460868A6000TécnicaX. Sec. Autor. Admvas.ActivoA Coruña2.700.6421.381.1044.081.746

Gónzalez Cao, Daniel Amable3491453702A1135AdministrativoX. Negociado N.16ActivoOurense1.641.0661.005.9002.646.966

Rodríguez Prado, Ana María3460431435A1146AuxiliarX. Equipo N.12ActivoOurense1.297.674497.3281.795.002

Docando Casanova, Inés3384816146A1135AdministrativoX. Neg. Inform. N.16ActivoLugo1.559.376879.5642.438.940

Alvar Cabido, Constantino3498165268A1146AuxiliarX. Equipo N.12ActivoLugo1.133.874497.3281.631.202

Muradas Ramos, Constante Juan3527510702A1122XestiónX. Sec. Autor. Admvas.ActivoPontevedra2.166.1921.381.1043.547.296

Bobillo de la Peña, Mª Isabel3455841757A1146AuxiliarX. Negociado N.16ActivoPontevedra1.330.434654.9001.976.334

Total19.879.728

RELACIÓN NÚMERO 3

Valoración do custo dos servicios traspasados

Sección 13. Servicio 01

Pesetas 1996

Capítulo I. Gastos de persoal:
Artigo 12: Funcionarios.
Artigo 15: Incentivos ó rendimento
Total capítulo I19.879.728
Total custo efectivo19.879.728

5728