Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 24 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-259/1995, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1955 (modificado polo R.D. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 24 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-259/1995.

Denunciado: Jesús Vega Arias.

DNI: 9.984.135.

Último enderezo coñecido: Conde de Lemos. Ponferrada (León).

Feito denunciado: dedicarse ó transporte de gando no vehículo matrícula LE-3551-J, sen te-lo rexistrado para este fin.

Precepto infrinxido: artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción proposta: 30.000.

5470