Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1996 pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de montes MP34-A/95OU e MP34-B/95OU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

1. Contra as ditas resolucións, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, só cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2. O importe da multa farase efectivo no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a presente resolución sexa firme, na conta nº 44030/003917-O de recadación de multas e sancións que o Servicio de Montes e Industrias Forestais ten en Caixa Ourense, delegación da Torre, Curros Enríquez nº 1. De non facelo no prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

-Expediente: MP34-A/1995.

Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

Último enderezo coñecido: Carballo, Sta. Eufemia. Celanova.

Feito denunciado: corta sen autorización nin comunicación de 6 pés de chopo e 6 pés de ameneiro.

Precepto infrinxido: 229 e 231 do Regulamento de montes.

Precepto sancionador: 432 do Regulamento de montes.

Sanción: 68.000 ptas.

-Expediente: MP34-B/1995.

Denunciado: Antonio Seijas Fraga.

Último enderezo coñecido: Carballo, Sta. Eufemia. Celanova.

Feito denunciado: corta sen autorización de 3 pés de castiñeiros.

Precepto infrinxido: 229 e 231 do Regulamento de montes.

Precepto sancionador: 432 do Regulamento de montes.

Sanción: 92.000 ptas.

5472-