Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores (E.N.-56/1995 e E.N.-78/1995) (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no argigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de xuño de 1996.

Santiago Pérez Poza

Instructor

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

E.N.-56/1995José Eugenio García Castro

Nervión, 4

Baracaldo-Biscaia

Acampar sen autorización en zona prohibida, no lugar de Fedorentos na Illa de Ons o fía 12 de agosto de 1995Artigo 38.3º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.10.000
E.N.-78/1995José María Lago Pérez

r/ Pontevedra, 8-2º D

Cambados

Cazar no espacio natural en réxime de protección xeral no Complexo Intermareal Umia O Grove desde embarcación o día 6 de decembro de 1995.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.500.000

5473