Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 28 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-212/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 28 de xuño de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-212/1995.

Denunciado: Saprocarne

DNI: B-27153030.

Último enderezo coñecido: Lamabranca de Coeses-Lugo.

Feito denunciado: transporte de animais no vehículo matrícula C-1046-AT, sen te-lo rexistrado na delegación provincial de Agricultura para este fin.

Precepto infrinxido: artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 215 do Regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 25.000.

9605392