Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.284

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de xullo de 1996, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura de postos de traballo do grupo B, escala de xestión de sistemas informáticos, mediante o nomeamento de persoal interino, vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de abril de 1996 (DOG nº 78, do 22 de abril), pola que se acorda eleva-la proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas.

Advertido erro na publicación da devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 143, do 22 de xullo de 1996, é preciso efectua-la seguinte corrección:

Na páxina 7.071, no anexo I, no cadro onde figuran os aspirantes que superaron o procedemento selectivo, na segunda liña do cadro, na puntuación total, onde di: «76,48», debe dicir: «66,48».

5690