Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 30 de xullo de 1996 Páx. 7.284

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de xullo de 1996, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura de postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, sección operador, mediante o nomeamento de persoal interino, vacantes nos servicios dependentes da Consellería, de Familia, Muller e Xuventude, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 17 de abril de 1996 (DOG número 78, do 22 de abril) pola que se acorda eleva-la proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas.

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 143, do luns, 22 de xullo de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 7.072, no parágrafo primeiro, onde di: «Na sesión celebrada o día 4 de xullo de 1996,...», debe dicir: «Na sesión celebrada o día 8 de xullo de 1996,...».

5764